Os novos clientes de fibra e móbil de Adamo non pagarán nada ata febreiro
xoves, 18 de decembro do 2025
Adamo, operadora de telecomunicacións con importante presenza no noso rural, enfilou o Nadal cunha oferta interesante para novos usuarios. Segundo informou a empresa, “os novos clientes que contraten agora paquetes de fibra óptica e móbil non pagarán nada ata febreiro”.
Porén, a operadora puntualiza que a oferta esténdese de facto ata marzo: “Aínda que a oferta establece que non hai factura ata febreiro, ao cobrar a empresa a mes vencido, na práctica o primeiro abono producirase no terceiro mes de 2026”. É dicir, que os usuarios que se dean de alta ata o 28 de decembro abonarán a súa primeira factura de 2026 no terceiro mes do ano.
A promoción, que agrega gratis máis de 130 canles de Adamo TV Max, pode aplicarse a distintos paquetes, incluíndo o máis completo, con 1 GB e Wi-Fi 6 para o fogar, así como un móbil 5G con datos ilimitados por 39 euros
A operadora engade que Adamo TV Max, servizo de televisión á carta, conta con máis de 130 canles para todos os gustos: cinema e series con WarnerTV ou TCM, un amplo catálogo de espazos infantís, todos os partidos da liga Hypermotion, 40 cadeas rexionais ou películas para adultos, entre outros contidos. Tanto a instalación como a cota de alta (o seu prezo habitual é de 12,10 euros) quedan integradas na promoción sen custo algún.
A compañía destaca tamén “que para aquelas persoas que queren a máxima velocidade e a mellor cobertura, Adamo dispón da tarifa Caaalma Total, que consta de fibra óptica de 1 Gb e datos sen límite por 39 euros”.
Neste pack é posible agregar unha segunda liña móbil por un prezo simbólico de 1 euro ao mes e fixo con chamadas ilimitadas por 6 euros. Así mesmo, para os novos clientes inclúe un router Wi-Fi 6 para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda.
Mentres, para os que buscan un prezo económico, Adamo dispón da tarifa Caaalma, que, por 29 euros, ofrece fibra óptica de 400 Mbps para casa e móbil con 25 GB de datos. Ademais de incluír, como no caso anterior, Adamo TV Max sen custo ata o 15 de marzo. A operadora engade que “se o usuario quere enriquecer o paquete, pode optar por aumentar a velocidade a 1 GB para o fogar ou contar con GB ilimitados para o móbil por 5 euros en cada caso”. Ambas as opcións, así como as liñas adicionais, quedan fóra da oferta de Nadal.
