
Con estas incorporacións, engade R, xa hai arestora máis de vinte polígonos galegos (dos 81 que abrangue o Plan) conectados ás devanditas redes ultrarrápidas. Recentemente falamos da integración dos complexos de O Campiño (Pontevedra), O Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa) e A Reigosa (Pontecaldelas), e xa metidos en febreiro, das melloras feitas nos polígonos de Pazos (Verín), O Barco de Valdeorras e A Medua (Carballeda de Valdeorras), aos que tamén se suma o de Pousada-Lourenzá, na provincia de Lugo.
Segundo explica a peradora galega a respecto destes traballos (dos que é adxudicataria, inseríndose no marco da primeira actuación do devandito Plan da Xunta para fornecer acceso a Internet ultrarrápido a 81 polígonos da Comunidade que a día de hoxe non dispoñen destes servizos), estes equipamentos son precisos arestora para, entre outras cousas, incrementar a competitividade das nosas empresas. Nun plano máis concreto, os accesos ultrarrápidos poñen ao alcance das nosas industrias servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a cousas como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explica a compañía de raizame galega, “son posibles grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.
Os polígonos de Picusa e Sigüeiro-Oroso pequeno sóbense ás megavelocidades de R
Compartir Este Artigo

