Os videoxogos clásicos de Namco achéganse á Nintendo DS

venres, 29 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

As últimas consolas de videoxogos non son capaces de librarse da nostalxia de moitos xogadores, de aí que estes días chegase ás tendas españolas o xogo Namco Museum DS, que é unha recompilación de clásicos dos salóns recreativos que se poden lembrar ahora dende a consola portátil de Nintendo.
O cartucho deste novo título inclúe os xogos Pac-Man, Pac-Man VS, Galaga, Xevious, Dig Dug II, Galaxian, Mappy e The Tower of Druaga.

Imaxes dalgúns dos xogos incluídos no Namco Museum DS

Como novidade, o Pac-Man VS permitirá botar partidas multixogador valéndose da conexión sen fíos da Nintendo DS con ata 4 xogadores cun único cartucho.

PUBLICIDADE