Parrot presenta mans libres autoinstalables con mando a distancia para o volante
luns, 15 de setembro do 2008
Os kits de mans libres
autoinstalables para o coche gozan de grande popularidade hoxe en dÃa, e
avanzando neste tipo de produtos Parrot
estreou novos dispositivos da serie MKi que non só permiten atender
a chamadas telefónicas, pois son compatibles coa reprodución multimedia, de
xeito que se poden empregar para escoitar música almacenada no móbil ou nun dos
moitos reprodutores multimedia que incorporan conectividade Bluetooth.
Os novos trebellos parten do Parrot MKi9000, o máis sinxelo e funcional; pasan
polo Parrot MKi9100, que incorpora unha pantalla OLED; e rematan no Parrokt
MKi9200, que conta cunha pantalla TFT de maior tamaño e incorpora tamén un
lector de tarxetas SD (compatible con SD-HC). Os seus prezos de venda son de
130, 160 e 200 euros respectivamente.
Cómpre destacar que os 3 modelos dispoñen dun mando a distancia sen fÃos que se
pode colocar no salpicadeiro e incluso no volante do coche, de xeito que
permite achegar a comodidade de moitos mans libres que precisan dunha
instalación profesional.