Pequeno televisor LED de Blusens con Full HD e gravación/reprodución por USB
venres, 1 de outubro do 2010
Os televisores de
tamaño reducido, habituais en dormitorios e cociñas, non teñen por qué
prescindir da alta definición e de prestacións multimedia, coma demostra o
Blusens H305, que conta cunha pantalla LED de 24 polgadas cunha resolución de
1.920 x 1.080 pÃxeles, brillo de 300 cd/m2, contraste de 50.000:1,
boa conectividade (HDMI, euroconector, VGA) e un porto USB que serve para
conectarlle memorias ou discos USB dende os que poder reproducir contidos
multimedia e gravar da TDT (en formatoTS, de xeito que conserva as distintas
pistas de audio e os subtÃtulos).
Este televisor terÃa un prezo duns 300 euros e vén
de ser analizado pola xente de Xataka, que considera que estamos ante un
dispositivo moi atractivo, destacando que non presentou ningún problema ao
reproducir contidos multimedia en formatos de alta definición coma o popular
contedor MKV. Cómpre destacar que este televisor tamén está dispoñible en tamaños
de 19, 22 e 32 polgadas e contan con fenda Common Interface para poder
adaptarse á TDT de pagamento.
Análise en vÃdeo do Blusens H305 elaborada por Xataka