Aínda que as tendas de telefonía móbil leven varios anos en crise, o que levou ao peche de numerosos establecementos, o mercado non se comporta igual en todas as localidades, e certas áreas conseguen manter a rendibilidade de aí que, aínda que Phone House pechase 65 tendas en 2015, agora está a abrir novas tendas, estando as dúas últimas en Galicia.
Temos así que Phone House inaugura a súa terceira tenda en Ourense capital, na Rúa do Paseo nº 30, local 1A, que conta cun espazo de 40 metros cadrados e atenderá ao público de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
Phone House tamén abre a súa primeira tenda en Arteixo, na Avenida de Fisterra, 199. Local cunha superficie de 25,5 metros cadrados, que abrirá de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Este establecemento sería o 17º na provincia da Coruña.
Para celebrar estas aperturas, durante o primeiro mes de funcionamento ofrecerá ata un 30% de desconto en accesorios e un desconto de 100 euros en portabilidades.
Phone House abre dúas novas tendas en Galicia
Compartir Este Artigo
