Plants vs Zombies convértese no xogo máis vendido para iPhone no seu lanzamento

xoves, 25 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os xogos para iPhone e iPod Touch están a ser toda unha revolución, e así temos que títulos coma Doodle Jump conseguen vendas millonarias, o que superou de vez o Plants vs Zombies, que en só 9 días superou as 300.000 copias e incluso superaría o millón de dólares en vendas (cada copia véndese a 2,39 euros na App Store), o que resulta especialmente interesante se temos en conta que estamos ante unha conversión dun xogo de ordenador lanzado hai preto dun ano e que incluso pode xogarse de balde na súa versión web.

PUBLICIDADE