PlayStation Move será o nome do control de movemento da PS3
xoves, 11 de marzo do 2010
Durante a
conferencia de prensa de Sony na Game Developers Conference de San Francisco a
compañÃa nipona finalmente deu a coñecer o nome que terá o seu novo control de
movemento para PS3, que non será outro que PlayStation
Move, de xeito que rematan cos moitos rumores que daban en chamar ao
dispositivo coma Gem, Wand ou Arc.
Pese a que dende Sony insistan en que non é unha réplica do mando da Wii, as
semellanzas son evidentes, de xeito que tamén estamos ante un controlador
composto por un elemento para cada man. A súa peza principal, o PlayStation
Move en si mesmo, é un mando de 20 centÃmetros de longo e 4,6 centÃmetros de
diámetro que pesa una 145 gramos e incorpora no seu interior un xiroscopio e un
acelerómetro, que serven para captar os movementos en 3 eixes, o que xunto a un
sensor do campo magnético e unha PlayStation Eye Camera, conseguen detectar a
posición do xogador e determinar o movemento tridimensional do mando con moita
precisión, chegando máis aló que o Wii MotionPlus de Nintendo.
Desta volta, en vez dun Nunchuck o
novo mando de Sony inclúe un sub-controller,
queé unha peza de 13,8 centÃmetros de longo e 4,2 centÃmetros de diámetro, cun
peso de 95 gramos, e que tamén integra unha panca de xogo, controis
direccionais e 3 botóns.
- Algúns xogos para PlayStation Move buscan imitar o éxito do Wii Sports Resort
O dispositivo poderá mercarse con ou sen cámara e incluso empaquetado con algún
xogo e/ou consola, agardándose que o seu prezo solto sexa inferior aos 100
euros.
Polo momento Sony asegura que está a traballar en 20 xogos para este
dispositivo, mentres que outras compañÃas están a traballar nuns 36 xogos máis,
o que nutrirán un interesante catálogo do que xa adiantaron algúns tÃtulos coma
Dukes, Move Party, Sports Champions,
TV Superstars, Slider e The Shoot, que
son un excelentes exemplos do que permitirá
o PlayStation Move, pois hai dende equivalentes en alta definición do Wii Sports Resort ata xogos de acción en
primeira persoa controlados co sensor de movemento.
Haberá que agardar ao outono para ver o trebello nas tendas (polo momento, os
asistentes á GDC critican
que o dispositivo presenta bastante retardo en varios xogos), cando
terá que competir coa tecnoloxÃa de Microsoft que polo momento responde ao nome
de Proxecto Natal, e que poderÃa supor unha seria ameaza para Sony, pois
destaca por prescindir totalmente de mandos fÃsicos.
VÃdeo oficial de presentación do PlayStation Move
PlayStation Move en vivo durante a GDC