Presentan a agardada secuela de StarCraft

luns, 21 de maio do 2007 Marcus Fernández

Hai 9 anos da chegada ás tendas do videoxogo StarCraft, que se convertera nun dos éxitos máis importantes no lecer para PC, e que viña prometendo unha secuela dende hai moito tempo, pero que finalmente se converterá nunha realidade, pois Blizzard Entertainment non só presentou o xogo por todo o alto no estadio olímpico de Seul, senón que tamén contan xa cunha páxina web na que se poden ver imaxes do xogo para calmar o ánimo dos afeccionados que desexan.
O novo xogo de estratexia en tempo real contará con 3 razas (Protoss, Terran e Zerg), novas unidades e mecanismos de xogo (que diferenciarán aínda máis ás devanditas razas), poderase xogar en solitario en modo historia (aínda que a meirande parte dos xogadores preferirán enfrontarse a outros contendentes en rede), incorporará un motor gráfico tridimensional que achega uns efectos visuais impresionantes e mesmo contará con ferramentas para a creación de mapas e outros elementos de personalización do xogo.
Pódese agora ver o trailer promocional do xogo:


Aínda que os que non se fíe dos anuncios, tamén se amosou publicamente cómo é o xogo:

PUBLICIDADE