Presentes.gal contribúe á divulgación de referentes femininos
luns, 9 de marzo do 2026
A Xunta de Galicia reiterou o seu compromiso coa igualdade de xénero con motivo do DÃa Internacional das Mulleres, celebrado o 8 de marzo, a través dunha declaración institucional e de distintos actos públicos nos que se puxo o foco no impulso do talento feminino e na visibilización das profesionais galegas. Entre as iniciativas destacadas figura a posta en marcha de Presentes, unha nova plataforma destinada a aumentar a presenza das mulleres nos espazos públicos e profesionais, que chega acompañada por unha campaña promocional na que destacan figuras como a produtora audiovisual Emma Lustres e a experta en intelixencia artificial Alba Meijide.
Na declaración institucional difundida polo Goberno galego, sublÃñase que a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes constitúe «un dereito irrenunciable e imprescindible» para o avance dunha sociedade democrática. O texto destaca que os progresos acadados nas últimas décadas son froito do traballo conxunto das administracións públicas, das organizacións privadas, das institucións educativas, do tecido asociativo e da cidadanÃa.
A Xunta defende que Galicia debe continuar avanzando cara a un modelo social no que as oportunidades persoais e profesionais estean marcadas pola liberdade e pola igualdade. Neste sentido, o Executivo autonómico insiste na necesidade de garantir que as mulleres e as nenas conten con administracións que as acompañen, leis que as protexan e polÃticas públicas que reforcen a igualdade.
O Goberno galego sitúa entre as súas prioridades a loita contra as novas formas de violencia e discriminación. Nese marco, está en tramitación a Lei de acoso e violencia dixital de Galicia, coa que a comunidade aspira a converterse na primeira en contar cunha lexislación especÃfica para previr este tipo de agresións e protexer ás vÃtimas, maioritariamente menores, mulleres e persoas LGBTI.
No ámbito laboral, a Xunta está ultimando a primeira Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados, elaborada no marco do diálogo social e coa participación de máis de 60 profesionais. Esta folla de ruta busca incrementar a presenza das mulleres en ámbitos nos que historicamente tiveron menor representación e compleméntase cun investimento anual de 1,2 millóns de euros destinado a favorecer a súa incorporación ás empresas destes sectores.
Outra das liñas de actuación destacadas é o impulso ao emprendemento feminino. A través do programa Emega, a Xunta leva investidos máis de 32 millóns de euros nos últimos trece anos para apoiar máis de 2.500 proxectos empresariais impulsados por mulleres, que permitiron crear máis de 4.000 empregos.
A visibilización do talento feminino constitúe outro dos eixos de actuación prioritarios. A Xunta considera que a escasa presenza de voces profesionais de mulleres en determinados espazos públicos responde non só ás desigualdades existentes, senón tamén á falta de visibilidade das súas traxectorias.
Para contribuÃr a reverter esta situación, o Goberno galego puxo en marcha a plataforma Presentes, unha comunidade dixital que nace con máis de 2.000 profesionais rexistradas e co apoio de máis de 100 entidades e asociacións. O obxectivo é facilitar o acceso a perfÃs expertos de todos os sectores e promover unha maior participación das mulleres na conversación pública.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto institucional polo 8M celebrado na Coruña, onde destacou que esta iniciativa pretende «dar visibilidade a expertas de todas as áreas para que protagonicen o espazo público». O mandatario agradeceu ás participantes «dar ese paso adiante e ser referentes», subliñando que a plataforma busca ofrecer modelos nos que poidan mirarse as novas xeracións.
Segundo explicou, o proxecto pretende demostrar que o xénero non debe constituÃr un obstáculo para o desenvolvemento profesional e aspira tamén a sensibilizar á sociedade, especialmente á mocidade, sobre a importancia de medrar nun contexto de igualdade real.
VÃdeo promocional de Presentes.gal
