Preto do 95% cos cativos de entre 10 e 15 anos empregan dispositivos electrónicos
mércores, 3 de decembro do 2025
O 84,3 % das persoas de Galicia de entre 5 e 15 anos empregou dispositivos electrónicos nos últimos tres meses, unha porcentaxe que medra ata o 94,8 % no tramo de 10 a 15 anos. Segundo os datos do estudo Rapaciñ@s dixitais. Edición 2024, elaborado polo OSIMGA (adscrito á AMTEGA), o nivel de dixitalización nestas idades recupera a tendencia ascendente tras a caÃda rexistrada en 2023.
As diferenzas de xénero en todos os indicadores son mÃnimas. Case todas as cifras apuntan a un maior nivel de dixitalización nas vilas de tamaño medio (entre 5.000 e 20.000 habitantes). A provincia cun Ãndice máis alto entre a poboación de 5 a 15 anos é Pontevedra.
Os datos proceden da Enquisa Estrutural aos Fogares realizada polo IGE, que os cede a OSIMGA ao abeiro dun acordo de colaboración.
A maiorÃa accede á Rede desde idades temperás
O 83,6 % da rapazada de 5 a 15 anos conectouse algunha vez a Internet, e o 83 % fÃxoo nos últimos tres meses. Entre os 10 e os 15 anos, a porcentaxe supera o 94 %.
Por idades, as nenas de 5 a 9 anos incorpóranse antes á rede ca os nenos, aÃnda que entre os 10 e os 15 anos a diferenza desaparece. Nos fogares en risco de pobreza, o uso da Internet é incluso superior á media.
Pontevedra lidera o uso da rede entre a xente máis nova: o 88 % dos menores de 5 a 15 anos navegou pola Internet nos últimos tres meses. Entre os concellos galegos con máis habitantes, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo superan o 87 % de persoas nesas idades que se conectaron á rede nese perÃodo. Nos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes rexÃstranse as maiores taxas de conexión.
Usos da Internet e dispositivos
O smartphone incrementa a súa presenza entre os 5 e os 15 anos ata o 61,3 %. O ordenador mantén un uso do 62,3 %, e case todas as persoas que afirman utilizalo conéctanse á rede (59,9 %).
As actividades máis habituais son as videoconferencias (73,1 %) e os cursos en liña (66,7 %). Tamén medran máis de oito puntos a procura de información (52,1 %) e a lectura de novas (34,6 %), o que amosa unha maior diversificación dos usos dixitais.
Xuventude galega: liderado en comercio electrónico e administración en liña
A mocidade de 16 a 34 anos supera o nivel de uso da Internet do conxunto da poboación, agás nas actividades relacionadas coa saúde ou coa banca electrónica, ámbitos nos que destacan as persoas maiores de 35 anos. Porén, a xente nova supera amplamente os grupos de máis idade en tarefas como «copiar ou mover ficheiros ou cartafoles», onde marca 28 puntos porcentuais máis ca a poboación de 35 a 74 anos.
O 86,4 % da mocidade galega realiza compras pola Internet, máis de 24 puntos por riba das persoas maiores de 35 anos.
Tamén encabeza o uso da administración electrónica, con vantaxes de 10 puntos porcentuais respecto dos outros grupos de idade.
En materia de ciberseguridade, o 17,9 % dos rapaces declarou ter sufrido algún incidente no último ano, case un punto por riba da media xeral (17 %).
Galicia, entre as comunidades mellor equipadas para a educación dixital
Nos fogares con menores escolarizados, a presenza de ordenadores supera en 18,2 puntos a dos fogares sen alumnado. Tamén destaca a dispoñibilidade de tablets, consolas con acceso á rede e televisores intelixentes.
Nos centros educativos, Galicia sitúase no segundo posto en implantación de contornos virtuais de aprendizaxe, no cuarto en aulas con sistemas dixitais interactivos e no quinto en conexións superiores a 100 Mbps. A ratio de alumnado por ordenador é de 2, mellor ca a media estatal (2,6).
