Prime Video terá anuncios a partir do 9 de abril

mércores, 28 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

A finais do ano pasado Amazon avisou de que o seu servizo de Prime Video comezaría a incorporar publicidade o longo do presente ano, comezando nos EE.UU. o 29 de xaneiro, e agora está a comunicar aos subscritores actuais que «a partir do 9 de abril as series e películas de Prime Video incluirán publicidade limitada», matizando que a cantidade de anuncios será moi inferior ao que estamos afeitos na televisión tradicional, ofrecendo a opción de eliminar os anuncios pagando 1,99 euros/mes de xeito adicional.
Este cambio en Prime Video tamén mudaría a calidade de reprodución nalgúns contidos, de xeito que os usuarios que non paguen un extra non poderán acceder gozar do vídeo en Dolby Vision HDR e Dolby Atmos, tendo que confirmarse con HDR10 e Dolby Digital 5.1 (diferenza que poucos usuarios percibirán).
Cada vez son máis as plataformas de streaming que se suman a esta tendencia, que están a converter o vídeo baixo demanda na nova televisión, de xeito que incluso hai publicidade nos contidos de pagamento, contrastando coa publicidade inicial das plataformas, que presumían precisamente de ofrecer os contidos sen interrupcións.

PUBLICIDADE