Propoñen un facho externo como complemento para o iPhone 4/4S
xoves, 2 de agosto do 2012
O iPhone é un dos dispositivos máis empregados actualmente
para disparar fotografÃas e gravar vÃdeo, pero o feito de que se empregue en
case calquera momento fai que non sempre se poida contar coa axeitada
iluminación que permita tirar unha instantánea de calidade, o que pretenden
solucionar con Paparazzo, un facho LED de 300 lumens con intensidade regulable
que se alimentarÃa de 2 pilas CR123 de xeito que o seu uso non minguarÃa a
baterÃa do móbil. Este accesorio contarÃa con 3 modos de funcionamento (fotografÃa,
vÃdeo e brillo axustable) e conectarÃase ao iPhone e contarÃa cunha aplicación
que facilitarÃa a súa comunicación.
O lanzamento do Paparazzo está previsto para xaneiro de 2013, e para facerse
realidade conta cun proxecto en Kickstarter dende o que buscan xuntar 50.000
dólares. Dende España serÃa posible exercer como mecenas deste accesorio pagando
dende 59 dólares (uns 48 euros) para facerse cun destes orixinais fachos que
lembran aos que empregaban nas súas cámaras os auténticos paparazzi de primeiros do século XX.
- O Paparazzo será compatible cos iPhone 4 e 4S