Red Dead Redemption chega a novas plataformas
martes, 2 de decembro do 2025
Rockstar Games estrea hoxe os clásicos Red Dead Redemption e Undead Nightmare nun amplo abano de plataformas, incluÃndo iOS e Android (incorporando estes tÃtulos ao catálogo de xogos de Netflix para os seus subscritores). Os dous tÃtulos tamén están xa dispoñibles en PlayStation 5, Xbox Series X|S e Nintendo Switch 2, con actualización dixital de balde para quen posúa as edicións de PlayStation 4, Xbox One ou Nintendo Switch, mantendo ademais os progresos gardados.
O xogo segue a viaxe de John Marston polos territorios do Oeste americano e México na súa caza dos antigos membros da banda Van der Linde, nunha historia situada inmediatamente despois dos feitos narrados en Red Dead Redemption 2. A versión remasterizada inclúe todo o contido da edición Game of the Year e ofrece tamén a campaña Undead Nightmare, na que Marston se enfronta a unha perigosa praga zombi que devasta os pobos da fronteira.
As novas versións de consola, desenvolvidas en colaboración con Double Eleven e Cast Iron Games, intégranse tanto na GTA+ Games Library como no catálogo de PlayStation Plus, ampliando asà a súa presenza en servizos de subscrición.
En móbiles, Red Dead Redemption e Undead Nightmare desembarcan en dispositivos iOS e Android con controis adaptados e un modo de rendemento que permite taxas de refresco máis elevadas en determinados terminais. No caso de Netflix, os membros poden descargalos e xogalos directamente desde a propia aplicación sen custo adicional.
Os usuarios de PS4, Xbox One e Nintendo Switch teñen acceso a melloras técnicas sen custo engadido: unha experiencia fluÃda a 60 fotogramas por segundo, imaxe optimizada, compatibilidade HDR e resolucións de ata 4K en PS5 e Xbox Series X|S. No caso da Switch 2, engádese soporte para DLSS, HDR, controles con rato e un rendemento de alta resolución estabilizado nos 60 FPS. As partidas gardadas das versións anteriores poden migrarse sen complicacións.
Os propietarios da edición dixital en Xbox One poden descargar directamente a nova versión desde a Microsoft Store, mentres que quen teña o xogo en PS4 pode actualizar gratuitamente á versión PS5 e continuar a súa aventura desde o último punto gardado. Para Nintendo Switch, o Switch 2 Edition Upgrade Pack permite a mesma transición a través da eShop.
Tráiler das novas versións de Red Dead Redemption
