Reloxo e marco de fotos dixitais
martes, 31 de outubro do 2006
Un dos dispositivos que emerxeron no mercado tralo éxito das cámaras fotográficas dixitais son os marcos de fotos dixitais, que normalmente teñen altas prestacións e un tamaño medio, pero existen solucións máis orixinais e económicas coma o Digiframe Clock, que combina un reloxo dixital cun marco fotográfico cunha pantalla de 1,4 polgadas e unha resolución de 240 x 108 pÃxeles que almacena as imaxes nunha memoria interna de 1 Mb e que soporta imaxes en formatos JPEG, PNG, GIF e TIFF.
Temos asà un dispositivo que fai de reloxo dixital, calendario, alarma, estación meteorolóxica e un visor fotográfico, alimentándose con 2 pilas AAA (para a pantalla) e 1 pila CR2032 (para o reloxo), que se pode conectar por USB para comunicarse co PC para a transferencia das imaxes a amosar (ata 63).
O curioso reloxo con marco fotográfico mide só 10,5 x 7,5 x 2,5 cm. e pesa 70 gramos (con pilas) e, aÃnda que non sexa un dispositivo de abraiantes prestacións só custa 89,95 dólares australianos (54,42 euros).