Reporteiros sen Fronteiras convÃdanos dende mañá martes a protestar contra a censura na Rede cun simple clic
luns, 6 de novembro do 2006
Internet aÃnda é un neno en cueiros que está aprendendo a camiñar e xa hai xente moi interesada en todo o mundo de que fale o menos posible. Dito doutro xeito: a Rede está a poñerlle voz a moitas persoas que antes non tiñan e esta achega de liberdade é moito máis do que determinadas entidades e corporacións poden aturar.
Ante a imposibilidade de abrir as portas das celas onde están privados de liberdade os máis de 60 internautas disidentes que viven en cadeas de todo o mundo, Reporteiros sen Fronteiras vén de organizar para os dÃas 7 e 8 de novembro unha sesión continua de mobilizacións contra a censura na Rede.
A organización non gobernamental, que considera inadmisible ó cen por cen que haxa paÃses (13 no mundo) como China, Tunicia ou Exipto onde se meta a xente na cadea por manifestar unha opinión persoal nunha bitácora ou nunha web; vai convidar a tódolos internautas a conectarse á súa web das 11.00 horas do martes ás 11 do mércores 8 co fin de denunciar a privación da liberdade de expresión na Rede en xeral cun sinxelo clic.
As mostras de solidariedade poderán levarse a cabo de diversos xeitos, incluÃndose a opción de modificar virtualmente o mapa do mundo, contribuÃndo cun clic a restablecer a Rede nos paÃses que a censuran e ata a suprimir os furados negros da Web que coinciden cos 13 paÃses declarados inimigos de Internet por Reporteiros sen Fronteiras. Por certo, que tamén poderemos deixar unha mensaxe gravada para o fundador de Yahoo!, Jerry Yang, servizo web que a xuÃzo de RPS foi o primeiro buscador que se censurou a si mesmo para contentar ás autoridades chinesas.
