Resident Evil 6 terá edición para coleccionistas en Europa
luns, 25 de xuño do 2012- Quen reserve o xogo antes do seu lanzamento recibirá sen custo adicional a súa versión con caixa metálica
Capcom anunciou hoxe que o
xogo Resident Evil 6 vai contar cunha
edición para coleccionistas en Europa, que xa pode reservarse en certas
cadeas de distribución de Reino Unido, Francia e Alemaña, e que en breve poderase
tamén encargar en España, Italia e Australia.
A edición para coleccionistas europea de Resident
Evil 6 incluirá o xogo para Xbox 360 ou PlayStation 3 que sairá á venda o 2
de outubro, unha carcasa de aceiro para o xogo que leva por nome zombie steel book, un libro de
ilustracións do xogo en tapa dura, un código de descarga dun tema dinámico do
xogo, unha sudadeira con capucha da Ivy University de Tall Oaks e emblemas das
forzas de Resident Evil 6: insignias
de equipo dos 3 protagonistas do xogo (Leon, Chris e Jake) feitas en aliaxe de
cinc esmaltado de alta calidade e presentas nun marco numerado coa sinatura dos
produtores e o director do xogo. Estes extras do xogo virán empaquetados nunha
caixa para coleccionistas coa aparencia dunha bomba de xiringas como a que pode
verse no trailer do xogo.
Aparte desta edición (que terÃa un prezo de 149,99 euros), tamén será posible reservar
o xogo recibindo a edición con caixa de aceiro que vén incluÃda na mesma, pero
sen custo adicional, o que enténdese como unha recompensa para os compradores
máis fieis.
- A edición para coleccionistas de Resident Evil 6 incluirá numerosos extras