Revival: Recolonization chega a consolas PlayStation
luns, 23 de febreiro do 2026
Os seareiros dos xogos de estratexia poden celebrar a chegada de Revival: Recolonization a PlayStation 4 e PlayStation 5 o vindeiro xoves, completando o lanzamento en plataformas actuais, xa que o xogo xa conta con versión para PC, para Xbox One e Xbox Series X|S e para Nintendo Switch.
A orixe da franquÃa remóntase a 2003, cando os seus creadores, influÃdos pola saga Civilization e polas novelas de ciencia ficción dos irmáns Strugatsky (especialmente Roadside Picnic e o ciclo Noon World), publicaron o primeiro tÃtulo na plataforma Symbian. Aquel xogo, de apenas 100 KB, ofrecÃa xa unha experiencia completa baseada nas catro accións clásicas do xénero: explorar, expandir, explotar e exterminar.
A nova entrega sitúanos nunha Terra devastada tras unha rebelión de IA superpotentes. Os superviventes máis previsores (coñecidos como emisarios) lograron fuxir en criocápsulas ocultas nas profundidades do subsolo. A misión do xogador será reconstruÃr cidades, investigar tecnoloxÃas, explorar territorios perigosos en busca de recursos escasos e anomalÃas, combater contra faccións hostÃs e establecer acordos diplomáticos para restaurar a civilización humana.
No mapa global atoparemos diferentes pobos que regresaron a estados primitivos tras a catástrofe. O clan escollido condicionará de maneira determinante o estilo de xogo: cultura, polÃtica, armas especiais, configuracións únicas e investigacións cientÃficas exclusivas. Cada clan pertence a un dos cinco pobos adaptados a distintos climas (frÃo, fresco, temperado, cálido e desértico). O envÃo de unidades a territorios para os que non están preparadas pode provocar perdas de saúde, limitacións de configuración ou mesmo a incapacidade de recoller recursos.
Un dos elementos diferenciais de Revival son os edictos, tecnoloxÃas avanzadas herdadas do pasado que permiten alterar o clima e empregalo como arma estratéxica. Estas ferramentas posibilitan accións de grande impacto, como erguer ou destruÃr montañas, crear bosques, espallar ácido, exercer control mental sobre inimigos ou desencadear un apocalipse zombi.
As batallas desenvólvense en mapas especÃficos que reproducen o clima e o terreo da rexión global correspondente. Antes do combate é posible recoñecer o escenario e situar as unidades nas posicións máis vantaxosas. O editor de unidades permite combinar múltiples caracterÃsticas para crear brigadas únicas, mentres que o progreso do imperio desbloquea novas ciencias, recursos e opcións de desenvolvemento.
A diplomacia tamén ten un papel central. As relacións coas demais faccións evolucionan segundo as accións do xogador e condicionan as posibilidades de acordo. Ademais de recursos, é posible intercambiar tecnoloxÃas e edictos. Os clans independentes poden ser sometidos e, eventualmente, asimilados, nun sistema no que a lealdade dos veciños varÃa de maneira gradual e pode ser influenciada polas decisións estratéxicas adoptadas.
