Sae á luz o tráiler do GTA IV, e non defrauda

venres, 30 de marzo do 2007 Raquel Noya

A vida é complicada. Matei, trafiquei, vendín xente, se cadra aquí as cousas sexan diferentes”. Así de rotundo vén de chegar o agardadísimo tráiler de GTA IV. Con este suxestivo vídeo titulado As cousas serán diferentes, Rockstar fornécenos dunha miúda pero substancial xanela ó aspecto final do xogo, cun acabado gráfico impresionante, todo luxo de detalles e moito máis coidado ca todo o que levamos visto até o de agora.
Aínda que o devandito vídeo está aloxado na web oficial de Rockstar, funciona moi a modiño e é probable que non cargue ou que o faga de xeito irregular. Porén, a páxina de Fantasymundo.com recolle unha ligazón ó tráiler das primeiras imaxes do moi agardado Grand Theft Auto IV para PlayStation 3 e Xbox 360 e completa información sobre o mesmo. A espera pagou a pena e, se todo é como afirman, ben seguro que as cousas han ser diferentes.

PUBLICIDADE