Sae á venda para Nintendo DS o divertido Kirby Mass Attack

venres, 28 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Pese a que Nintendo está a centrar os seus esforzos en promocionar a súa consola portátil 3D, as vellas DS aínda non están abandonadas, e continúan a recibir grandes títulos como o que hoxe chega ás tendas, Kirby Mass Attack, un título para todos os públicos que está protagonizado polo simpático Kirby, que desta volta pode dividirse ata en 10 pequenos Kirbys, o que supón unha revolución na mecánica de xogo, tendo que empregar o lapis táctil da DS para seleccionar, dirixir e xirar os Kirbys, para descubrir lugares segredos e facer fronte a distintos inimigos.
A Kirby Mass Attack non lle faltan os quebracabezas que resolver para poder seguir avanzando, así como divertidos mini xogos que engadirán diversidade a este título e aos que poderá accederse facéndose con medallas agochadas en cada nivel. Algúns dos mini xogos son o Kirby Brawlball (un pinball), o Dash Course (unha carreira baseada en quick time events) e Kirby Quest (un xogo de axilidade que traducirá a nosa precisión nun combate).


Trailer do novo xogo para Nintendo DS

PUBLICIDADE