Sanción de 14 millóns de euros a Cloudflare en Italia
venres, 9 de xaneiro do 2026
A Autoridade para as GarantÃas nas Comunicacións de Italia (Agcom) impuxo unha sanción de 14.247.698,56 euros á empresa Cloudflare Inc. por non cumprir unha orde destinada a frear a difusión de contidos piratas. A decisión foi adoptada polo Consello da Autoridade na sesión do 29 de decembro de 2025 —co voto contrario da comisaria Elisa Giomi— e notificouse este 8 de xaneiro (deliberación número 333/25/CONS).
O procedemento sancionador deriva do incumprimento da orde ditada o 18 de febreiro de 2025 (deliberación número 49/25/CONS), pola que a Agcom requirira a Cloudflare que desactivase o acceso a unha serie de contidos difundidos ilegalmente, en aplicación do previsto na Lei antipiratarÃa 93/2023. En concreto, solicitárase á compañÃa, na súa condición de prestadora de servizos da sociedade da información implicada na accesibilidade de contidos ilÃcitos, que procedese á desactivación da resolución DNS de nomes de dominio e do encamiñamento do tráfico cara aos enderezos IP sinalados polos titulares de dereitos a través da plataforma Piracy Shield, ou que adoptase medidas tecnolóxicas e organizativas equivalentes para impedir o acceso aos usuarios finais.
Segundo a Autoridade, mesmo despois de recibir a notificación da orde, Cloudflare continuou sen aplicar ningunha medida efectiva para evitar o uso dos seus servizos na difusión de obras protexidas. A normativa prevé sancións de ata o 2 % da facturación do último exercicio pechado con anterioridade á notificación da infracción cando se trata do incumprimento de ordes ditadas no exercicio das funcións de protección do dereito de autor. Neste caso, a multa fixouse no 1 % da facturación global da compañÃa.
A Agcom subliña a relevancia do expediente tanto polo importe da sanción —unha das primeiras de carácter económico en materia de dereitos de autor— como polo papel que desempeña Cloudflare, xa que unha porcentaxe moi elevada dos sitios obxecto de bloqueo por piratarÃa empregan os seus servizos para a difusión ilÃcita de contidos.
Con esta resolución, a Autoridade afirma dar plena aplicación á lei antipiratarÃa, que ampliou de maneira expresa o conxunto de suxeitos obrigados a colaborar na loita contra a piratarÃa. Entre eles inclúense todos os prestadores de servizos da sociedade da información implicados na accesibilidade de sitios ou servizos ilegais, como provedores de VPN, servizos de DNS de acceso público e xestores de motores de busca, con independencia do seu lugar de residencia ou localización.
Dende Cloudflare argumentaban que a implantación do sistema de filtrado de DNS que a autoridade italiana esixÃa era unha medida desproporcionada, irracional e que na práctica non podÃa aplicarse, xa que realizar a comprobación nas 200.000 millóns de consultas que o sistema de DNS de Cloudflare recibe ao dÃa suporÃa unha carga tan elevada que dispararÃa a latencia, tendo un impacto negativo para os usuarios lexÃtimos repartidos por todo o mundo.
