Sete concellos do Barbanza e Deloa achegan formación en mercadotecnia dixital e cooperativismo
luns, 13 de febreiro do 2023
Os
Concellos de Boiro, Noia, Outes, Lousame, Dodro, Rianxo e Rois
colaboran coa Asociación Deloa para levar a cabo unha nova edición
do programa formativo Marketing Dixital e Cooperativismo,
desenvolvido xunto coa Escola de Organización Industrial e a
Fundación Paideia. A formación será presencial e celebrase en
todos os devanditos municipios do Barbanza.
Este
programa formativo está dirixido a menos de 30 anos en situación de
desemprego e vaise levar a cabo entre os meses de febreiro e xuño.
As clases grupais terán como dixemos formato presencial e
realizaranse titorÃas individualizadas e grupais para o
desenvolvemento dos proxectos de cooperativismo no sector da
mercadotecnia dixital.
O
programa formativo é gratuÃto e contará con 200 horas de formación
ademais dunha saÃda dunha semanas a outra cidade de España para
coñecer empresas e caos de éxito no sector do marketing
dixital e o cooperativismo. Para impartir a formación contarase con
recoñecidos profesionais da promoción empresarial máis innovadora
e do traballo cooperativo, referentes a nivel galego e nacional.
A
participación neste programa é totalmente gratuÃta e as persoas
interesadas deben realizar a súa inscrición na
web da Asociación Deloa antes do 20 de febreiro. Máis
información sobre o programa no enderezo electrónico deloa@deloa.es
e do teléfono 981 817 000.
