Sony presenta novas cámaras 3D no CES
luns, 10 de xaneiro do 2011
- Sony presentou no CES de Las Vegas unha cámara Handycam capaz de gravar vÃdeo en 3D
A emerxencia das
3D no ámbito doméstico levou a Sony a presentar no CES de Las Vegas unha
serie de cámaras dixitais (tanto fotográficas como de vÃdeo) orientadas á
captación de imaxes estereoscópicas que van dende a incorporación dun modo
3D para as cámaras Cyber-shot ata unha potente
videocámara Handycam que custará uns 1.500 dólares e que non só grava en
3D, senón que tamén conta cunha cativa pantalla autoestereoscópica (que permite
ver imaxes 3D sen lentes).
A medio camiño non podemos deixar de destacar a cámara
Bloggie 3D (tamén coñecida coma MHS-F33) que presenta un tamaño compacto e un
peso lixeiro, o que non impide que integre 2 sensores de imaxe Exmor CMOS para
captar imaxes estereoscópicas que almacenar na súa memoria interna de 8 Gb.
Tamén conta cun conector USB retráctil e cun porto HDMI.
A Bloggie 3D é capaz de captar vÃdeo 2D en Full HD e fotografÃas de 5 MpÃxeles,
aÃnda que moitos destacarán principalmente os seus modos 3D, que poden aproveitarse
sen o uso de lentes grazas á pantalla integrada na cámara que porase
á venda en abril en España a un prezo estimado de 270 euros.
- A Bloggie 3D permite tomar imaxes estereoscópicas pese a ter un deseño moi compacto