Star Trek contará con xogo masivo en liña
martes, 29 de xullo do 2008
A ficción parece
estar a inspirar distintos mundos para a creación de xogos masivos en liña, e
tralo éxito de Age of Conan xa se
rumorea que está en desenvolvemento un xogo semellante no universo de Star Wars e se confirma o xogo Star
Trek Online da man de Cryptic Studios (responsables de City of Heroes) que destacará non só por
ambientarse na creación de Gene Roddenberry, senón porque será multiplataforma,
de xeito que permitirá a concurrencia de xogadores de PC e Xbox 360.
Os usuarios poderán optar por converterse nun capitán da Federación de Planetas
Unidos ou un guerreiro do Imperio Kingon, podéndose explorar numerosos planetas
e participar en batallas estelares. As naves serán personalizables, e tamén se
deberá recrutar e adestrar á tripulación para a exploración e o combate.
Polo momento só temos unha serie de capturas
de pantalla do futuro xogo, e se agarda que durante a convención de Star Trek que
terá lugar en pouco máis dunha semana en Las Vegas se poida ver un
vÃdeo do xogo en funcionamento.