Star Wars: The Old Republic supera o millón de usuarios rexistrados
luns, 26 de decembro do 2011
A pouco máis dunha semana do lanzamento do xogo para PC Star Wars: The Old Republic, tÃtulo
masivo multixogador en liña de BioWare, Electronic Arts e LucasArts, parece que
o tÃtulo que aspira a converterse no principal competidor de World of Warcraft (tras o fracaso de
xogos baseados en franquÃas como Conan
e Warhammer) está a comezar con bo
pé, xa que superou o
millón de usuarios subscritos, converténdose no xogo deste xénero que máis
rápido acadou este volume.
Concretamente falan duns 510.000 usuarios inscritos como cabaleiros Jedi e duns
550.000 guerreiros Sith, que xogaron en total máis de 28 millón de horas,
botando cada xogador unha media de 5 horas por sesión de xogo.
É de esperar que o xogo mellore os seus resultados unha vez que solucione
certos problemas coa saturación dos seus servidores que nalgún caso provoca longas
colas de espera para poder comezar a xogar.
O lanzamento do xogo celebrouse en Times Square (New York) dun xeito moi especial
- A forza da franquÃa de Star Wars pode facer que The Old Republic</Em> sexa o primeiro xogo en poder facer fronte a World of Warcraft