Tatsunoko vs Capcom permitirá enfrontar a personaxes de Comando G cos de Street Fighter
venres, 23 de maio do 2008
Os xogos de loita
para recreativas e consolas de videoxogos mesturan en moitas ocasións a
personaxes de distintas compañÃas, e asà son xa clásicos os xogos de Marvel vs Capcom ou Capcom vs SNK e pronto veremos Mortal
Kombat vs DC Universe ao que se unirá un xogo que era difÃcil de imaxinar: Tatsunoko
vs Capcom.
Tatsunoko é unha compañÃa responsable de series de animación coma Meteoro, Belfy y Lilibit, Comando G,
Los Gatos Samurai, Macross, Evangelion, Casshern ou Chicho Terremoto, que cede os seus
personaxes para que se enfronten en combate ao protagonistas de videoxogos de
Capcom coma Street Fighter, segundo adiantou
a revista Famitsu.
- Ata o momento só se confirmaron 4 personaxes para o xogo
Polo momento só sabemos da participación de Mark (Comando G), Casshern, Ryo e Chun Li (estes dous últimos dos
videoxogos de Street Fighter), que se
enfrontarán no máis puro estilo dos outros xogos de combate versus de Capcom (loita en 2D). Os
combates funcionarán en modo Tag Battle
(ou sexa, en equipos de 2 contra 2, podendo cambiar de personaxe en calquera
momento do xogo) e tamén será posible loitar no aire con supersaltos ou ataques
aéreos.
AÃnda non se detallaron as plataformas para as que sairá este novo tÃtulo de
Capcom, pero é de supor que se limitará ás consolas de nova xeración. Nos vindeiros
meses coñeceremos máis personaxes que se incorporarán ao xogo, que parece que
nun principio se limitará aos máis serios
da produtora nipona (aÃnda que a aparición de Chicho Terremoto ou dos Gatos
Samurai seguro que serÃa benvida polos seguidores das series de animación
xaponesas).