Tekken 7 sairá á venda o 2 de xuño
luns, 23 de xaneiro do 2017
AÃnda que o xogo de loita Tekken 7 estaba previsto para primeiros de ano,
finalmente os usuarios de Xbox One, PlayStation 4 e PC que queiran gozar deste
xogo de loita de Bandai Namco terá
que agardar ao 2 de xuño para facerse con el, polo que podemos ver no seu
novo tráiler, no que por fin se atreven a pór unha data concreta a este
esperado lanzamento.
O xogo manterá o seu sistema de combate 3D, aÃnda que dará un importante salto
no nivel dos seus gráficos, cada vez máis realistas. Contará cun amplo
repertorio de loitadores entre clásicos e novos competidores, con cadansúas técnicas,
movementos de artes marciais e combos.
Tekken 7 representarÃa o último capÃtulo
da disputa de dúas décadas da familia Mishima, buscando un final épico, no que
o destino do mundo volve estar en xogo.
Como curiosa novidade, Akuma, un dos loitadores máis importantes da franquÃa de
Street Fighter, participará neste
novo Tekken. Tamén chama
poderosamente a atención a edición para coleccionistas de Tekken 7, que incluirá unha figura de 35 x 45 centÃmetros que
representa un enfrontamento entre Kazuya e Heihachi, e que virá acompañada por
unha caixa metálica para o xogo e a banda sonora oficial do xogo.
Os usuarios que opten por reservar o xogo antes do seu lanzamento recibirán en
primicia o personaxe de Eliza, quen aparecera anteriormente en Tekken Revolution.
Novo tráiler de Tekken 7