Teremos novo Football Manager en novembro
xoves, 11 de setembro do 2025
O desafÃo de adaptar Football Manager 25 ao motor Unity, no que basicamente supuxo a renovación desta saga de xogos de simulación futbolÃstica, levou a que Sports Interactive decidise cancelar o seu lanzamento para centrarse na seguinte tempada deportiva, e agora anuncian que Football Manager 2026 estará dispoñible a partir do 4 de novembro, acompañado tamén das versións FM26 Console (Xbox e PlayStation 5) e FM26 Mobile (Netflix). Pola súa banda, FM26 Touch chegará en formato dixital á Nintendo Switch o 4 de decembro. Nas vindeiras semanas ofrecerase máis información sobre a súa presenza noutras plataformas.
A gran novidade deste ano é a adopción do motor Unity, que redefine a experiencia na bancada e introduce melloras visuais e narrativas significativas. A nova interface de usuario ofrece un control máis profundo sobre as decisións clave da carreira, mentres que a experiencia de dÃa de partido destaca polas animacións volumétricas baseadas en encontros reais e uns gráficos de campo moi mellorados.
Outro fito é a incorporación do fútbol feminino, integrado nun único ecosistema futbolÃstico que contará coa base de datos máis completa e diversas competicións con licenza oficial que se irán anunciando. Ademais, por primeira vez a Premier League estará representada con todos os logotipos, equipacións e fotos oficiais dos xogadores.
En canto á compatibilidade, FM26, FM26 Console e FM26 Touch permitirán importar partidas gardadas de Football Manager 2024 e Football Manager 2023. No caso de FM26 Mobile, estreará tamén a posibilidade de continuar carreiras de FM24 Mobile.
A experiencia abrangue todas as áreas do xogo, desde fichaxes e tácticas ata a creación do mánager e o uso do mando, co obxectivo de ofrecer a edición máis inmersiva da serie ata o momento.
As reservas xa están abertas para PC e Mac a través de distribuidores dixitais autorizados por SEGA. Quen merque por anticipado poderá beneficiarse dun desconto do 10 % e dun acceso avanzado aproximadamente dúas semanas antes do lanzamento oficial, en Steam e Epic Games.
Pequeno avanza en vÃdeo do xogo
