Tetris chega aos 125 millóns de copias en 24 anos de vida

martes, 2 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A versión máis representativa de <em>Tetris</em> sería a de Game BoyCoa cantidades de plataformas de xogo que hai na actualidade é difícil estimar o número de copias que venden algúns títulos que teñen longa vida e pasan por distintas xeracións de consolas de videoxogos, terminais móbiles e ordenadores, pero posiblemente sexa certo que o xogo máis vendido da historia é Tetris, que este mes cumpre 24 anos e estiman que acadou unhas vendas de 125 millóns de unidades (aínda que hai cousa de 2 anos a xente de THQ falaba de 70 millóns de copias).
O xogo conseguiu un grande éxito nas máquinas creativas ata converterse nun clásico de referencia que chegou ao seu apoxeo grazas á primeira Game Boy, na que vendeu 33 millóns de unidades, e incluso foi o título que levou a moitos facerse coa consola de Nintendo, por considerarse un xogo imprescindible.
O desenvolvemento de Tetris iniciárao Alexey Pajitnov cando traballaba para a Academia de Ciencias de Moscú, de xeito que ata 1996 non cobrou royalties pola súa creación, facéndose finalmente millonario.
Na actualidade o xogo segue a contar con versións para novas plataformas e incluso revisións melloradas, estando dispoñible tanto para terminais coma o iPhone ou consolas como a Xbox 360 (para a que saíu hai un par de anos Tetris Revolution).

PUBLICIDADE