The Spectrum estrea versión en cor branca
xoves, 23 de abril do 2026
Retro Games Ltd anunciou o lanzamento de The Spectrum White Edition, unha reinterpretación en cor branca do histórico ZX Spectrum que chega ao mercado coincidindo co 44 aniversario do modelo orixinal de 48K, presentado o 23 de abril de 1982. Desenvolvida en colaboración con Plaion Replai, esta versión materializa unha lenda moi estendida entre a comunidade retro: a suposta existencia dun Spectrum branco creado para conmemorar o millón de unidades vendidas, que nunca chegou a comercializarse.
A nova edición concÃbese como unha peza de homenaxe a un dos computadores domésticos máis influentes da historia dos videoxogos, responsable de popularizar o desenvolvemento afeccionado e de impulsar toda unha xeración de programadores. A proposta mantén a fidelidade ao deseño orixinal, incluÃndo un teclado de goma a tamaño completo, pero introduce adaptacións actuais para facilitar o seu uso en contornas modernas.
Inclúe 48 xogos preinstalados considerados clásicos do catálogo da plataforma, saÃda HDMI con varios modos de visualización e compatibilidade tanto con software de 48K como de 128K. Tamén incorpora soporte USB, o que permite empregar mandos externos e cargar contido personalizado.
O paquete complétase con dous accesorios exclusivos deseñados para esta edición: un joystick con microswitch en cor branca e unha memoria USB personalizada denominada THEMICRODRIVE. Estes elementos buscan ofrecer unha experiencia completa desde o primeiro uso, combinando funcionalidade e valor estético para coleccionistas.
De maneira paralela lánzase THEGAMEPAD (White), un mando que se vende por separado e que adapta a experiencia de xogo a estándares actuais de ergonomÃa, mantendo a coherencia visual co sistema. Está pensado como alternativa ao control clásico, especialmente en tÃtulos compatibles ou en configuracións multixogador.
The Spectrum White Edition xa está dispoñible cun prezo de 149,99 euros, mentres que THEGAMEPAD (White) pode adquirirse por separado por 24,99 euros.
VÃdeo promocional do The Spectrum en cor branca
