Tres investigadoras do CiTIUS protagonizan a nova serie audiovisual WomenInTech
luns, 16 de febreiro do 2026
Na semana do 11 de febreiro (11F, DÃa Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), o centro CiTIUS da USC, centrado en intelixencia artificial, lanzou por primeira vez a acción #WomenInTech, unha iniciativa concibida para poñer o foco no traballo das súas investigadoras e ofrecer referentes reais e próximos a nenas e mozas interesadas na ciencia e na tecnoloxÃa.
A serie estará protagonizada por tres mozas investigadoras do centro. A primeira entrega está dedicada a Marta Núñez, investigadora Ramón y Cajal no CiTIUS, especializada en imaxe cardÃaca multimodal e aprendizaxe automática. A súa investigación céntrase no desenvolvemento de modelos estandarizados do corazón para a análise estatÃstica de datos cardÃacos, integrando técnicas avanzadas de intelixencia artificial e procesado de imaxe médica con aplicación no ámbito cardiovascular.
Amais, publicáronse dúas novas entrevistas con Carolina Pavez, investigadora predoutoral centrada na equidade algorÃtmica e a explicabilidade en sistemas de intelixencia artificial aplicados á práctica clÃnica, e Constanza Andión, investigadora predoutoral que aplica técnicas de aprendizaxe máquina (machine learning) a datos multimodais para mellorar a detección de fetos pequenos e analizar traxectorias de crecemento fetal.
Con elas completarase unha serie que mostra como a investigación avanzada pode traducirse en solucións concretas para unha medicina máis precisa, equitativa e preventiva.
O ciclo #WomenInTech combina explicación cientÃfica e experiencia persoal, subliñando a importancia de contar con referentes femininos no ámbito tecnolóxico.
Segundo explicou o CiTIUS, a iniciativa responde a unha motivación clara: contribuÃr a espertar vocacións temperás e reforzar o compromiso do centro coa igualdade de oportunidades na investigación.
VÃdeo da serie audiovisual #WomenInTech
