Twitter avanza na adopción da súa nova marca
mércores, 26 de xullo do 2023
A
transformación de Twitter en X avanza paseniño, e con bastante
improvisación, pois ao pouco de mudar o logotipo da plataforma social sen que
desaparecesen as moitas referencias a Twitter en toda a interface do servizo,
xa se mudou o
logotipo por unha versión máis grosa (recoñecendo Musk que o logotipo
continuará a súa evolución) e incluso se desvelou que a conta de usuario @X
correspondÃa a un usuario co
que ninguén se puxera en contacto para reclamar o identificador.
Finalmente o nome desta conta mudou de identificador a @x1234567898765 para
logo anunciar que «está ben
o que ben acaba», dando a entender que recibiu unha compensación económica
para liberar o nome de usuario que finalmente adoptou a conta @twitter (aÃnda que en TechCrunch confirmaron que ninguén contactou co usuario da conta, polo que a conta terÃa sido usurpada). De
feito, os principais identificadores oficiais de Twitter veñen de mudar de nome:
@TwitterSupport pasa a @Support, @TwitterDev a @Xdevelopers, @TwitterAPI a @API
e @TwitterBlue a @XBlue.
Pero o cambio de marca vai moito máis aló de cambios de logotipos e nomes de
usuarios, e a nivel legal poderÃa ser bastante complexo, pois apuntan que actualmente
hai preto de 900 compañÃas con marcas relativas ao X nos EE.UU, entre as
que destacan Microsoft e Meta, o que poderÃa dificultar a transformación de
Twitter nunha superaplicación que inclúa servizos financeiros e doutros tipos distintos
aos actuais, xa que converte a compañÃa nun branco doado para reclamacións
xudiciais. A situación complÃcase aÃnda máis se pretenden defender a marca
internacionalmente.
De feito, dende Bloomberg sosteñen que o
cambio de nome de Twitter supón a perda de milleiros de millóns de dólares en
valor de marca, chegando incluso a cifran a perda a entre 4.000 e 20.000
millóns de dólares. Lembran que Twitter leva máis de 15 anos consolidando a súa
marca, polo que desbotala supón un duro golpe financeiro para a compañÃa.
AÃnda que o cambio de marca poida ter sentido ao mudar tamén o obxectivo da
compañÃa, falamos dunha marca que conseguiu asentarse na Internet (conseguindo
o seu logotipo un nivel de coñecemento ao nivel dos de Facebook e Instagram) e
que incluso deu lugar a un vocabulario (chÃo, rechouchÃo, fÃo...) que agora
cómpre reconstruÃr.
Os expertos coinciden en que este cambio de Twitter responde unicamente ao ego
de Elon Musk, e é incluso un risco para os novos obxectivos da compañÃa, xa que
confiar operacións financeiras a unha nova marca é difÃcil, polo que non cren
que ninguén vaia confiar os seus cartos a X aparte dos incondicionais de Musk.