Ubisoft+ Multi Access chega a Xbox

xoves, 13 de abril do 2023 Marcus Fernández

O plan premium do servizo de subscrición de Ubisoft, que permite aos membros xogar en varias plataformas cunha única subscrición, está por fin dispoñible en consolas Xbox (estando previamente dispoñible para PC e Amazon Luna). Ubisoft+ Multi Access proporciona aos subscritores acceso a unha inmensa colección de títulos como Assassin’s Creed Valhalla, Far Cry 6, The Division 2 e máis, así como DLC e descontos en moedas do xogo.
Con este lanzamento Ubisoft+ Multi Access leva máis de 60 xogos a Xbox, moitos dos mesmos en edicións premium, coa promesa de que o catálogo de xogos non parará de medrar e permitirá aos subscritores acceder aos novos lanzamentos dende o primeiro día.
A subscrición Multi Access ofrécese a un prezo de 17,99 euros/mes, renovándose de xeito automático até que se cancele, sendo preciso conectar a conta de Ubisoft á de Xbox para poder gozar do servizo na consola.

Vídeo de presentación do servizo Multi Access de Ubisoft para Xbox

PUBLICIDADE