Un accesorio fai máis cómoda a gravación de vÃdeo con cámaras fotográficas de Sony
martes, 14 de xaneiro do 2020
Sony vai pór á venda en breve un accesorio para facilitar a
gravación de vÃdeo con moitas da súas cámaras, que nos EE.UU. terá un prezo de
139,99 dólares, e que consiste nun agarre para a gravación que conta tamén con
funcións de mando a distancia sen fÃos.
O
GP-VPT2BT é un bo accesorio para as cámaras Sony Alpha α9 II, α9, α7R IV,
α7R III, α7 III, α6600, α6400, α6100 and RX100 VII e RX0 II, que fai cómodo o seu
agarre durante a gravación de vÃdeo. Permite cambios de dirección rápidos e
sinxelos, conta con función de inclinación flexible, é resistente ao po e á
humidade, comunÃcase por Bluetooth e tamén pode aproveitarse como trÃpode. Un
produto moi flexible, que só pesa 215 gramos e que pode soportar até 1,5 quilos
de peso.
AÃnda que este soporte de agarre para cámaras non é tan completo como un
estabilizador tipo gimbal, é dabondo para a meirande de usuarios que queren
realizar tomas estables nas súas viaxes.
- O accesorio pode funcionar a xeito de trÃpode
VÃdeo promocional do novo accesorio de Sony