Un antigo desenvolvedor de Rockstar non cre que GTA VI vaia custar 100 dólares
mércores, 24 de decembro do 2025
Mentres agardarmos a que Grand Theft Auto VI vexa a luz o 19 de novembro de 2026 (se non adÃan o seu lanzamento unha vez máis), son moitos os rumores que apuntan a que poderÃa ser o primeiro videoxogo en ousar superar a barreira de prezo de 100 dólares na súa edición ordinaria, aÃnda que Obbe Vermeij, exdirector técnico de Rockstar North e unha das pezas clave na transición de Grand Theft Auto ao 3D (GTA III, Vice City e San Andreas, ademais de GTA IV), nunha interesante entrevista publicada por GamesHub, tranquiliza ao público ao considerar pouco probable que tal cousa aconteza.
O desenvolvedor (agora independente) explica que Rockstar buscará, por riba de todo, maximizar a base de xogadores, especialmente pensando nunha compoñente en liña que poderÃa xerar ingresos a longo prazo. Asegura que «Rockstar non dixo nada sobre os 100 dólares. Isto é algo que decidiu a Internet». Na súa lectura, cobrar ese extra de saÃda terÃa un retorno limitado fronte ao potencial de manter un prezo estándar e «facer os cartos por detrás nos anos seguintes».
Vermeij insiste en que o éxito non foi froito dun único golpe de xenio, senón dunha confluencia de factores. O concepto xa era forte por GTA 1 e GTA 2, eles tiñan experiencia en 3D, e o momento comercial acompañou coa PlayStation 2 á alza e un acordo de promoción con Sony. «Foi unha chea de cousas acontecendo ao mesmo tempo», di, ata o punto de cualificalo de «milagre». Mesmo asÃ, admite que non foron conscientes do impacto cultural ata meses despois do lanzamento: durante o desenvolvemento, os problemas de rendemento e estabilidade impedÃan ver o conxunto, e a magnitude do fenómeno só se fixo evidente cando o xogo non paraba de vender.
Entre as entregas nas que participou, Vermeij sinala Vice City como a súa favorita polo ambiente e pola rapidez coa que un reskin de GTA III acabou tendo personalidade propia. De aà que vexa o regreso a Vice City como unha elección perfecta para recuperar variedade e exceso, coa propia iconografÃa de Florida como caldo de cultivo.
Na conversa tamén aparece unha hipótese recorrente na comunidade: que GTA abandone EE.UU. Vermeij recoñece que houbo ideas internas sobre RÃo de Xaneiro, Moscova, Istambul e mesmo Tokio, pero considera que un cambio radical de localización é «pouco realista» cando hai «miles de millóns» en xogo e cando a cultura popular xa ten unha imaxe mental das cidades estadounidenses.
Sobre custos, lanza unha predición: GTA VI poderÃa ser o xogo máis caro xamais desenvolvido, pero tamén cre que a situación non seguirá escalando ao mesmo ritmo porque a automatización e ferramentas baseadas en IA reducirán tarefas repetitivas, sobre todo no traballo artÃstico. A consecuencia, segundo el, serÃa unha industria con equipos máis produtivos, xogos máis baratos e, por tanto, máis espazo para asumir riscos creativos e atender nichos.
