Un chinés estampa a cabeza nun monitor tras perder unha partida ao LoL

xoves, 23 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Aínda que a violencia e o deporte son dous elementos que por desgraza está moi ligados, no caso dos deportes electrónicos tamén parece ocorrer algo semellante, e aínda que no se manifeste nas rúas despois das grandes competicións, si hai usuarios que desatan fisicamente a súa furia cando queren paliar a súa frustración, e aínda que non son poucos os casos de xogadores que estragan un teclado ou un rato por mor dos seus impulsos violentos, hai un caso que aconteceu nun cibercafés chinés que está a captar moita atención na Rede: ao parecer, o pasado xoves un xogador de League of Legends, furioso por perder unha partida polo mal desempeño dos seus compañeiros de equipo, non se lle ocorreu nada mellor que golpear coa cabeza o monitor que tiña diante.
Aínda que dar un testarazo de carraxe poida ser considerado como algo moi sorprendente, que se faga con tal intensidade como para atravesar coa cabeza un monitor LCD si é algo inédito, aínda que non estivo carente de consecuencias, como graves feridas na cabeza e un impresionante burato na pantalla do ordenador.
As imaxes deste incidente convertéronse en todo un fenómeno viral en Weibo, o que levou aos medios de comunicación a confirmar se o acontecido era certo, sorprendendo a verificación dos feitos por considerarse desproporcionada a reacción furibunda do xogador chinés.

PUBLICIDADE