Unha filial de OSRAM prepara lámpadas compatibles con HomeKit
mércores, 28 de decembro do 2016
LEDVANCE, compañÃa filial da suÃza OSRAM, anunciou que vai
levar ao CES de Las Vegas a súa lámpada multicor conectada SYLVANIA A19,
que sorprende polo feito de poder controlarse a través de Siri e a aplicación
Home de Apple sen precisar dun concentrador (como acontece, por exemplo, coas
solucións Philips Hue) de xeito que chega con enroscar a lámpada con Bluetooth
para poder sincronizala coa aplicación para iOS e comezar a controlar as luces.
O feito de poder controlar estas lámpadas multicor coa tecnoloxÃa HomeKit
permite que o usuario poida manexalas empregando como concentrador un Apple TV
ou un iPad, simplificando o control deste tipo de dispositivos domóticos que
poderÃan manexarse coa aplicación Home e incluso mediante ordes de voz (con
Siri). Dado que existen toda unha serie de trebellos domóticos compatibles con
HomeKit (termóstatos, peches, portas de garaxe...) serÃa posible que con só
dicirlle a Siri en voz alta que se está a chegar ao fogar para que prendese a
calefacción, acendese a luz e abrise a porta dianteira de vez.
As novas lámpadas multicor de LEDVANCE poranse á venda a primeiros de 2017, ano
no que está previsto que a compañÃa presente novos produtos compatibles con
HomeKit.