Unha posible vulnerabilidade de PS5 dispara o prezo dun xogo de Star Wars
venres, 2 de xaneiro do 2026
As copias fÃsicas de Star Wars Racer Revenge disparáronse de prezo nos últimos dÃas ata superar con frecuencia os 300 euros en eBay, tras difundirse información segundo a cal o xogo permitirÃa executar un novo método de jailbreak na PlayStation 5 cando se emprega o disco orixinal.
Segundo as poxas pechadas recentemente, nas últimas 24 horas vendéronse múltiples unidades por cifras iguais ou superiores aos 300 euros, cunha tendencia claramente á alza. O 31 de decembro xa se despacharan máis dunha ducia de copias por prezos que Ãan dos 80 aos 166 euros. Ao dÃa seguinte, o 1 de xaneiro, outras once unidades cambiaron de mans por importes situados entre os 180 e os 364,5 euros. Desde entón, apareceron ducias de novos anuncios, con prezos que se moven habitualmente entre os 300 e os 400 euros, cando non máis.
O motivo deste interese repentino nun xogo de carreiras de Star Wars publicado orixinalmente en 2002 para PlayStation 2 está, segundo diversas fontes da escena técnica, nunha vulnerabilidade presente na versión para PlayStation 4. Ese código serÃa clave para activar un procedemento que permite liberar unha consola PlayStation 5 e, con iso, abrir a porta á execución de software non autorizado, incluÃdos xogos pirateados.
A reedición para PlayStation 4 de Star Wars Racer Revenge foi lanzada en 2019 por Limited Run Games, cunha tiraxe fÃsica estimada duns 8.500 exemplares. Ata hai apenas unha semana, o seu prezo habitual no mercado de segunda man estaba preto dos 20 euros, bastante menos do seu prezo de venda orixinal, en contraste coa revalorización actual.
