Unha sentenza sostén que compartir unha canle de televisión de pagamento non é delito
xoves, 12 de agosto do 2010
Un auto da Audiencia Provincial
de Pontevedra determinou que distribuÃr
o sinal de Digital+ a través dunha comunidade de veciños non constitúe delito,
quedando exonerado un veciño de Ponteareas acusado de cargos de estafa e contra
a propiedade intelectual, no que xa é unha sentenza firme.
O denunciado está abonado a Digital+ dende outubro de 2000 e ten o seu receptor
de satélite instalado nos faios do seu edificio co obxectivo de «distribuÃr ás doce vivendas da comunidade
de veciños os sinais de Digital+», o que a Audiencia considerou que
limÃtase a «un ámbito estritamente doméstico,
en canto a que non é accesible ao público en xeral», polo que non
estariamos ante un delito recollido polo Código Penal, o que non implica que
non existan responsabilidades civÃs, posto que poderÃa haber un incumprimento
de contrato por facilitar o acceso a un decodificador e unha tarxeta fóra da
residencia do denunciado.