Unha web converte a varios formatos os vídeos de servizos coma YouTube

luns, 27 de novembro do 2006 Marcus Fernández

O éxito dos vídeos en servizos coma YouTube ou Google Vídeo abriron unha porta de saída a moitos contidos na Rede, pero que parecen presos da mesma, xa que se almacenan nun formato de vídeo coñecido coma FLV, de difícil reprodución e complicada conversión a outros formatos, polo que veñen de crear o servizo FLV Online Converter, que con só incluír o enderezo do vídeo a descargar e o formato de destino desexado (AVI, MOV ou MP4) permite adaptar os nosos vídeos favoritos de YouTube a formatos que incluso podería reproducir o noso DVD doméstico, o móbil ou un reprodutor multimedia portátil.
O servizo destaca porque só pide o enderezo do vídeo en concreto, de xeito el mesmo se encarga da descarga do vídeo orixinais e a súa conversión, ofrecéndonos logo unha ligazóns para rematar a súa descarga no formato seleccionado. Toda unha prestación que será ben recibida por tódolos que queiran gardar nos seu ordenador os vídeos que ve na Rede.

PUBLICIDADE