VÃaVigo selecciona as dez mellores ideas de negocio
venres, 20 de decembro do 2013
Unha
empresa de produtos probióticos, unha aplicación para crear contos
personalizados nas tablets (da
que temos falado nesta web en detalle); unha nova
tecnoloxÃa aplicable ás medicións dos tratamentos de
radioterapia; un programa para manter no tempo clientes empregando
xogos para móbiles, deseños personalizados e ecolóxicos de
lámpadas de cartón; un sistema que axuda ás adegas a mellorar a
calidade dos seus viños ao poder tomar as decisións dos traballos
agrÃcolas no intre óptimo; unha web de compra-venda de segunda man;
un novo concepto de camisetas de luxo e unha canle de TV para
negocios de hostalarÃa son os dez proxectos que se seleccionaron na
aceleradora ViaVigo de
cara a recibir unha achega de capital-semente e pasar á fase de
academia.
O
comité técnico de ViaVigo fixo hoxe pública a selección dos dez
proxectos que participarán na Fase 5 do programa e recibirán
achegas de capital-semente. Nos vindeiros dÃas os responsables de
ViaVigo poranse en contacto cos autores dos proxectos co fin de
convidarlles de xeito formal a incorporarse á aceleradora na que se
lles preparará para mellorar a xestión e organización da súa
empresa e para presentarse a unha nova rolda de investidores públicos
e privados co gallo de lanzar definitivamente os seus produtos. Está
previsto que a aceleradora comece a súa actividade na segunda
quincena de xaneiro, no Centro de Negocios de Porto do Molle.
Aos
proxectos que ficaron fóra desta selección a delegada do Consorcio
da Zona Franca de Vigo -Teresa Pedrosa- comunicoulles que o espÃrito
de ViaVigo é apoiar aos emprendedores, polo que o consorcio seguirá
contando con todos eles nas accións que realice e porá á súa
disposición outros servizos como a incubadora de empresas, áreas de
coworking e servizos de asesoramento. Amais, os equipos
xestores disporán dun acceso de balde ao servizo de información
empresarial Ardán.
