Virtua Fighter 5 Final Showdown chegará o mes que vén como tÃtulo descargable
luns, 14 de maio do 2012
SEGA anuncia que dende
o vindeiro 6 de xuño estará dispoñible para a súa descarga o xogo Virtua Fighter 5 Final Showdown a un
prezo de 12,99 euros na PlayStation Store e a 1.200 puntos Microsoft no Bazar
de Xbox LIVE Arcade. Este tÃtulo descargable achega ás consolas de videoxogos a
última versión de máquinas recreativas de Virtua
Fighter 5, engadindo 2 novos personaxes (Tara-Arashi de Virtua Fighter 3 e o novo Jean Kujo) e
areas de combate dinámicas e interactivas (sinal de identidade da saga).
O xogo contará cun modo de adestramento, un modo de xogo en liña para 8
xogadores e a posibilidade de gravar combates para a súa repetición, gravación
e posterior subida.
Para enriquecer esteticamente o xogo, inmediatamente co seu lanzamento estará
dispoñible un contido descargable (a un prezo de 4,49 euros/400 puntos
Microsoft) que inclúe entre 600 e 950 elementos de personalización para os 19
loitadores do xogo. Tamén lanzarán
outros 2 paquetes de personalización de personaxes (para 9 e 10 loitadores
respectivamente) que custarán 12,99 euros/1.200 puntos Microsoft cada un.
Trailer do xogo
- O xogo contará dende o seu lanzamento con contidos descargables para personalizar os loitadores