Vitae achega en abril a edición 18 do seu curso avanzado sobre Microsoft Power BI
martes, 24 de febreiro do 2026
A consultora galega Vitae, referente en formación tecnolóxica avanzada, retoma esta tempada un dos seus cursos xa históricos: o curso Microsoft Power BI: Modelado e Análise de Datos. A 18ª edición desta actividade formativa celebrarase en abril e será unha nova e interesante ocasión para familiarizarnos nas máis avanzadas posibilidades de Power BI, compendio de ferramentas con amplo potencial para axudarnos a tomar as mellores decisións mediante a máis óptima relación de traballo cos datos.
Para quen non o saiba, Power BI permÃtenos conectarnos de xeito doado ás nosas fontes de datos, visualizalos, descubrir ao momento o máis relevante e compartilo de contado con calquera persoa do noso equipo.
Esta iniciativa está especialmente indicada para mellorar, axilizar e optimizar o noso traballo de desenvolvemento.
O curso terá 15 horas de duración e celebrarase ao longo dos dÃas 13, 15, 20, 22 e 27 de abril.
Unha vez máis, desenvolverase en seccións de explicación teórica sobre os conceptos e exercicios para poñer en práctica os coñecementos. Segundo explica Vitae, a formación en Power BI require coñecementos teóricos para desenvolver habilidades co manexo da aplicación.
Esta actividade formativa ten o obxectivo de ilustrar aos asistentes sobre un dos recursos máis destacados e populares dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios: Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendible que pode ser compartida en eficaces ferramentas de visualización e colaboración, ou en informes visuais eficaces.
Os asistentes aprenderán a conectar datos, transformalos de maneira sinxela e deseñar dashboards interactivos orientados á toma de decisións empresariais. Darase prioridade a un enfoque práctico e non técnico, ideal para profesionais de negocio que buscan interpretar e presentar información visualmente.
Vitae explica que o programa do curso segue o itinerario formativo recomendado por Microsoft para garantir a calidade dos contidos impartidos e para capacitar aos asistentes no uso de Power BI.
Este curso está dirixido a todas as persoas interesadas en aprender o manexo de Microsoft Power BI, analistas de datos, de negocios e persoas que queiran entrar na industria da analÃtica e que teñan experiencia previa no uso doutras ferramentas de informes, como as táboas dinámicas de Microsoft Excel, desexen ou non certificarse.
O curso desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Toni Jurado, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión pola Universidade Autónoma de Barcelona. Toni conta con máis de 20 anos de experiencia impartindo formación técnica para empresas a todos os niveis, compaxinando esta tarefa coa consultorÃa de Power BI, DAX, Power Query, Power Pivot e Excel. É experto en Microsoft Power BI, e conta co Certificado MVP por Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España. Ademais é Data Analist PL300 e autor do libro Fundamentos de Modelo en Estrella.
