Warface inicia a súa beta para Xbox 360
mércores, 5 de febreiro do 2014
En
primavera está previsto que chegue ao mercado un novo shooter free-to-play en primeira persoa desenvolvido
por Crytek, que dende hoxe ten dispoñible unha versión de proba para Xbox
360, de xeito que os usuarios da consola doméstica de Microsoft poderán comezar
a experimentar con esta proposta de acción multi-xogador cooperativa e
competitiva que promete uns gráficos impresionantes grazas ao motor CryENGINE 3.
A beta de Warface para Xbox 360 estará
dispoñible en EE.UU., Canadá, México, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña,
paÃses nórdicos, Australia, Nova Zelandia e España, precisando para funcionar
unha subscrición a Xbox LIVE Gold e disco duro.
A versión de proba do xogo de Crytek permitirá probar a experiencia de combater
nun contorno de guerra nun futuro próximo, podendo asà comprobar o
funcionamento das súas catro clases: soldado de infanterÃa lixeira, médico,
enxeñeiro e francotirador. Os xogadores recibirán actualizacións regulares
durante a beta, con misións cooperativas novas a diario e numerosos contidos
que irán chegando continuamente para poder poñelos a proba antes do lanzamento
oficial deste ambicioso xogo.
A beta do xogo está dispoñible para PC
dende o pasado 27 de xaneiro, pois cómpre destacar que este tÃtulo anunciado xa
en 2010 estaba previsto só para ordenadores persoais, e non foi ata o pasado
verán cando se confirmou que este FPS poderÃa gozarse na Xbox 360 dende
primeiros do presente ano.
Trailer da versión de proba de Warface para Xbox 360