WhatsApp facilita a celebración do Aninovo
mércores, 31 de decembro do 2025
WhatsApp reforza un ano máis a súa infraestrutura e incorpora novas funcións festivas co obxectivo de facilitar que miles de millóns de persoas celebren a chegada do Aninovo a través da plataforma de mensaxerÃa instantánea.
O 31 de decembro continúa a ser a xornada de maior actividade do servizo. Nunha xornada estándar xestiónanse máis de 100.000 millóns de mensaxes e arredor de 2.000 millóns de chamadas en todo o mundo, cifras que se incrementan notablemente durante as 24 horas nas que diferentes paÃses dan a benvida ao novo ano. Videochamadas entre continentes ou conversas en grupos familiares e de amigos convértense neses momentos nun elemento central das celebracións.
Con motivo do cambio de ano, WhatsApp activou varias novidades de carácter temporal, dispoñibles durante estas datas. Entre elas destaca un novo paquete de adhesivos animados de 2026, pensado para compartir mensaxes de celebración, asà como efectos especiais para videochamadas, que permiten engadir fogos artificiais, confeti ou animacións de estrelas en tempo real.
Tamén regresan as reaccións especiais con confeti animado ao empregar o emoji correspondente, e por primeira vez os estados da aplicación admiten adhesivos animados, incluÃdo un deseño especÃfico de 2026 orientado ás felicitacións de Aninovo.
Xunto ás funcións festivas, a WhatsApp lembra algunhas ferramentas útiles para organizar ceas e encontros a través dos chats de grupo. Entre elas, a posibilidade de crear eventos e fixalos na conversa, empregar enquisas para decidir comidas ou actividades, compartir a localización en tempo real para facilitar desprazamentos e utilizar notas de voz ou vÃdeo para facer partÃcipes das celebracións ás persoas que non puideron asistir.
