Windows 10 Mobile inicia o seu ocaso

luns, 9 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Non é ningunha novidade que Microsoft abandonou totalmente o seu sistema operativo móbil, e a primeiros de anos soubemos que Windows 10 Mobile deixaría de ter soporte oficial por parte de Microsoft a partires de mañá mesmo, no que podemos ver como un cravo máis no ataúde dun sistema operativo que levan sen actualizar dende outubro de 2017.
Nesta mesma liña temos que agora confírmase que as aplicacións do Office para Windows 10 Mobile (Word, Excel, PowerPoint e OneNote) chegarán ao seu fin de soporte o 12 de xaneiro de 2021, data a partires da que deixará de recibir actualizacións de seguridade e outros parches.
Aínda que a partires da data indicada as aplicacións ofimáticas continuarán a funcionar, iso non sería nada recomendable, xa que estarían expostas a vulnerabilidades, polo que podemos entender que a partires de 2021 a versión móbil de Windows 10 estaría totalmente obsoleta, recomendado Microsoft o emprego das súas aplicacións móbiles para iOS e Android.

PUBLICIDADE