Worldcoin non recuperará as súas operacións en España no que resta de ano
martes, 4 de xuño do 2024
O pasado mes de marzo a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) aprobou medidas cautelares contra Tools for Humanity Corporation (compañÃa tras o proxecto Worldcoin) para que cesase a recollida e o tratamento de datos que estaba a realizar en España, para que poucos dÃas despois en Portugal fixesen exactamente o mesmo, mentres a compañÃa protestaba dicindo que ao estar asentada en Alemaña o resto de autoridades locais da Unión Europea non tiñan competencia para estas actuacións.
Mentres tanto, as autoridades xermanas (concretamente a BayLDA) está a investigar a situación, e moi probablemente adoptarán unha decisión final na liña do resto de autoridades de supervisión europeas interesadas.
Neste contexto a compañÃa comprometeuse de forma xuridicamente vinculante a non retomar as súas actividades en España até finais de ano ou até que a BayLDA adopte unha resolución definitiva en relación ao tratamento de datos realizado. Este compromiso da empresa non afecta ás competencias da BayLDA ou da AEPD para adoptar medias de supervisión adicionais en caso de incumprimento destas obrigas.
Cómpre salientar que tras as medidas adoptadas previamente polas autoridades de protección de datos, o proxecto Worldcoin incorporou controis para a verificación de idade dos seus usuarios e a posibilidade de eliminar o código do iris dos usuarios que asà o solicitasen, ou sexa, que corrixÃan as súas principais infraccións da lexislación europea, recoñecendo indirectamente que estaban a vulnerar o Regulamento Xeral de Protección de Datos pese a que publicamente dixesen que non era asÃ.