X fai uso de Cloudflare para evitar o bloqueo no Brasil
mércores, 18 de setembro do 2024
Dende hai un par de semanas non era posible acceder a X no Brasil tras a prohibición do servizo por parte do Tribunal Supremo do paÃs, que tomou tal medida extrema pola desobediencia da compañÃa de Elon Musk, que incluso cesara a súa representación legal no territorio brasileiro, colocando a compañÃa fóra da Lei, pero nas últimas horas comprobouse que moitos brasileiros podÃan acceder a X (algo que puidemos comprobar a través de VPN) xa que a plataforma mudou o xeito de conectarse co Brasil, para o que agora recorre aos servizos de Cloudflare.
Dende a Asociación Brasileira de Provedores da Internet e as Telecomunicacións (Abrint) consideran que o bloqueo do enderezo IP de Cloudflare non serÃa viable, pois bloquearÃa o acceso a millóns de páxinas web que nada teñen que ver con X.
Dende o Tribunal Supremo están a analizar a situación, e de confirmarse que X está a procurar evadir o bloqueo mediante o uso dun intermediario poderÃa indicarse a Cloudflare que desactivasen o acceso a X dende o Brasil en cumprimento coa lexislación local, algo que tal compañÃa deberÃa respectar (do mesmo xeito que bloquea páxinas web que vulneran o copyright e moitos outros tipos de solicitudes que lle chegan por vÃa xudicial).
Cómpre salientar que, aÃnda que dende X empreguen subterfuxios para facilitar o acceso a X dende o Brasil, a plataforma continúa prohibida en tal territorio, de xeito que as persoas que utilicen ilegalmente X no Brasil poderÃa ter que enfrontarse a unha sanción de 50.000 reais/dÃa (máis de 8 mil euros ao dÃa), polo que este tipo de xogadas por parte da compañÃa de Elon Musk non parecen ter moito sentido.