Xbox Live presenta Symphony of the Night: ideal para noctámbulos

luns, 19 de marzo do 2007 Fernando Sarasketa

Este mércores 21 de marzo os usuarios de Xbox 360 xa terán ó alcance da man (mellor dito: ó alcance do rato) o videoxogo Symphony of the Night, un produto que como se pode deducir to título vai encamiñado a toda esa franxa de seareiros que sempre lle atopan á noite e as criaturiñas que se moven nela máis méritos có día. O videoxogo en cuestión, que se poderá descargar do bazar de Xbox Live por 800 puntos, ponche na pel do fillo de Drácula, Alucard, metade vampiro metade humano, e que terá que probar cal é o lado da balanza polo que se inclina máis nunha loita encarnizada coas forzas do mal.
O xogo supón a duodécima entrega da saga Castlevania e entre as súas melloras con respecto a anteriores edicións, Microsoft fai fincapé na opción pantalla panorámica e en alta resolución e máis na posibilidade de inclinarnos polo xogo orixinal ou ben por unha versión anovada con imaxes e son postos ó día.

PUBLICIDADE