Xenet ofrece fibra e fixo por só 17,90 euros/mes

xoves, 14 de xullo do 2022 Marcus Fernández

O operador de baixo custo Xenet destaca por ofrecer distintas tarifas móbiles en función de que queiramos gozar da cobertura de Orange ou de Movistar, pero tamén impresiona a súa oferta de acceso á Internet mediante fibra óptica, que parece ser a máis económica do mercado ao ofrecer banda larga de 300 Mbps, teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles estatais e instalación e router Wi-Fi de balde por 17,90 euros/mes, coa única pega de que o servizo ten unha permanencia de 12 meses.
Xenet tamén ofrece un combinado de fibra de 100 Mbps con 2 móbiles con chamadas ilimitadas (un con 20 GB de datos e outro con 12 GB) por 25,90 euros, aínda que desta volta sen cota de alta nin compromiso de permanencia.
Sorprende ver como este operadora consegue situarse nunha escala de prezos inferior a Digi, Lowi, Simyo e outros operadores económicos sen ter que recorrer a ofertas temporais, deixando caer que a alta competencia no sector das telecomunicacións está lonxe de rematar.

PUBLICIDADE